O Goberno pide a Feijóo unha ‘oposición construtiva’ 

A voceira do Goberno, Pilar Alegría, instou ao principal partido da oposición, o PP, e ao seu líder, Alberto Núñez Feijóo, a desenvolver unha «oposición construtiva» e pediulle «abandonar o insulto» e  que se sente a negociar a renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX),  que en decembro cumpre cinco anos en funcións, duplicando o seu mandato legal. Alegría anunciou ademais a orde que permitirá arrincar a elaboración dos Orzamentos Xerais do Estado para 2024, para «consolidar» o crecemento económico, avanzar na «reindustrialización» do país e mellorar a calidade do emprego. Ante as críticas polo tamaño do Gabinete, con 22 ministerios, dixo: «O que molesta non é que sexamos 22, o que realmente molesta é que o presidente do Goberno se chame Pedro Sánchez», concluíu. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha