O Goberno pide ás comunidades que non recomenden AstraZeneca


O Ministerio de Sanidade cre que o momento actual do proceso de vacinación, centrado cada vez en grupos máis novos, é crítico, polo que chamou ás comunidades para dar unha mensaxe única sobre as vacinas porque, segundo avisa, o contrario xera unha incerteza que pon en perigo a campaña.

Fontes do departamento que dirixe Carolina Darias admiten que nas últimas semanas produciuse un “gravísimo problema” de comunicación ao redor da segunda dose da vacina de AstraZeneca ao dar a entender que era unha cuestión de elección ou preferencia para os menores de 60 anos.

Pero non: o decidido pola Comisión de Saúde Pública a semana pasada é que aos que xa recibiron unha primeira picada do soro anglosueco se lles administrara un segundo de Pfizer; un día despois, o Consello Interterritorial abriu a opción a que só aqueles que o rexeiten, se lle dea AstraZeneca baixo firma dun consentimento informado.