O Goberno presenta no Congreso os Orzamentos de 2023


O Goberno presentou no Congreso dos Deputados o Proxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado de 2023. Unhas contas públicas centradas na xustiza social e a eficiencia económica que, por unha banda, reforzan o Estado de Benestar como garante duns servizos públicos de calidade mediante recursos récord para políticas sociais da historia nun contexto de incerteza pola invasión rusa de Ucraína. E, ao mesmo tempo, consolidan o crecemento e a creación de emprego a través do cambio de modelo produtivo impulsado polos fondos europeos.

No acto institucional, a ministra de Facenda e Función Pública, María Jesús Montero, entregou á presidenta do Congreso, Meritxell Batet, o Proxecto de Orzamentos de 2023. Na presentación tamén participaron a secretaria de Estado de Orzamentos e Gastos, María José Gualda; o secretario de Estado de Facenda, Jesús Gascón; a secretaria de Estado de Función Pública, Lida Sánchez Milán e a subsecretaria de Facenda e Función Pública, Pilar Paneque.

Desta maneira, os Orzamentos de 2023 inician o seu trámite parlamentario co obxectivo de ser aprobados en tempo e forma por terceiro ano consecutivo, algo que non ocorre desde mediados da pasada década.