Así se recolle no informe «Proxeccións do gasto público en pensións en España» elaborado polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións e publicado este martes. Prevese un crecemento do PIB nominal interanual do 4,9% para o período 2023-2030; do 4,1% entre 2031 e 2040; do 3,5% entre 2041 e 2050; do 3,5% entre 2051 e 2060 e do 3,6% 2061 e o 2070. En concreto, calcúlase unha pinza para revalorizar pensións en 2024 entre o 3,5 e o 4%. Con eses ingresos e o resto de reformas contempladas, o Goberno proxecta un gasto total en pensións de media para o período do 14,2%, que se rebaixa a esa porcentaxe ao sumar esas achegas dos ingresos. Mentres, o impacto das medidas de reforzamento de ingresos representará un 1,8% do PIB en media durante ese mesmo período. Con estas cifras, o gasto en pensións corrixido polo incremento de ingresos quedaría no 12,4%. Segundo explicaron fontes do Ministerio de Inclusión, esta cifra «corrixida» é a que computa á hora de avaliar a sustentabilidade do sistema, tras a aplicación dunha reforma que busca afrontar a tensión do sistema nas próximas décadas pola xubilación do denominado baby boom.