39
A ministra de Traballo, Yolanda Díaz, di que «ninguén pode aproveitarse desta crise sanitaria. Non se pode utilizar o COVID-19 para despedir porque puxemos os mecanismos legais e recursos públicos inxentes para que poidan acudir aos expedientes temporais de regulación de emprego». A prohibición esténdese aos contratos temporais. Ademais, o Goberno simplifica os trámites para presentar un ERTE. O ministerio revisará todos de oficio e obrigará a devolver as prestacións en caso de fraude. Yolanda Díaz admite que as oficinas do paro están desbordadas, pero garante que as pagas chegarán, como sempre, o día 10. O Consello de Ministros non aprobou novas restricións na actividade laboral, pero tampouco as desbota.