O Goberno prorrogará os ERTE catro meses máis


O Goberno e os axentes sociais acordaron prorrogar os ERTE catro meses máis, ata o 30 de setembro. Aínda así, continuarán as reunións para negociar as súas condicións. A intención da ministra de Traballo, Yolanda Díaz, é manter o esquema actual. En fronte ten a opinión doutros membros do Executivo, como a vicepresidenta económica, que defenden ir avanzando cara a outros modelos. pola súa banda, desde Galicia, a Xunta pide que se manteñan as axudas ás empresas, dado que moitos sectores aínda están paralizados e seguen precisando un rescate. Doutra banda, o secretario de Estado de Emprego, Joaquín Pérez Rey, afirmou que os ERTE «están a funcionar e mantendo o emprego».