O Goberno rectifica | Os autónomos poderán cobrar o paro e deixar de pagar a cota

O Goberno rectificou as súas medidas para os autónomos e finalmente todos poderán cobrar o paro e deixar de pagar a cota de autónomos sen ter que darse de baixa de Facenda nin da Seguridade Social. Así o anunciou o presidente da Asociación de Traballadores Autónomos (ATA), Lorenzo Amor, a través da súa conta persoal de Twitter, onde explicou esta modificación que aprobará o Executivo no Consello de Ministros do próximo martes. Segundo aclarou Amor, os autónomos que o soliciten cobrarán o 70% da base de cotización e todos os traballadores por conta propia poderán acollerse a esta medida. Non será necesario que se dean de baixa nin de Facenda nin da Seguridade Social e os que teñan tarifa plana ou bonificación poderán pedir a prestación sen renunciar a iso. “A entidade xestora farase cargo e cotizará polo autónomo, por tanto mantense o alta na Seguridade Social”, explicou.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha