43
O Goberno español rectifica. Tan só unhas horas despois de que a portavoz do Executivo anunciase que os menores só poderán acompañar aos adultos nas actividades que se permiten no estado de alarma -actividades como ir ao supermercado, á farmacia ou ao banco- e tras o aluvión de críticas recibidas, desde Sanidade quixeron ampliar alivio parcial do confinamento.
«Este é un Goberno que escoita e anúnciolles hoxe que esta próxima fin de semana emitirei unha orde para que os nenos menores de 14 anos poidan dar paseos nas condicións concretas que daremos a coñecer proximamente», anunciou o ministro de Sanidade, Salvador Illa.