O Goberno de España fretará este domingo un avión A-400 do Exército do Aire, con destino ao aeroporto de San Xoán de Terra Nova, para a repatriación dos 3 mariñeiros que sobreviviron ao naufraxio e dos 9 corpos rescatados ata o momento. Pedro Sánchez garante que se reanudará a busca dos desaparecidos en canto o tempo o permita, algo que lle agradeceu por teléfono ao primeiro ministro do Canadá. Na conversa o presidente do Goberno tamén lle agradeceu a Justin Trudeau todo o traballo feito ata agora asi como «as sentidas condolencias» que el e o seu país trasladaron a España.
O Consello de Ministros acordou declarar loito oficial o próximo luns 21 de febreiro polo naufraxio. A ministra, Isabel Rodríguez, reiterou o seu pésame aos familiares e amigos dos falecidos e desaparecidos e todo o seu apoio ao sector pesqueiro, que «pesca en condicións perigosas e traballa para garantir a alimentación» de todos.