O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, anunciou que a Administración galega e o Executivo estatal chegaron a un acordo que dá pé a que o Goberno que dirixe Pedro Sánchez retire o recurso ante o Tribunal Constitucional contra a reforma da Lei galega de saúde. Un paso que chega despois de que o Constitucional acordase a semana pasada levantar a suspensión (no ámbito das medidas cautelares) de todos os preceptos que foran recorridos polo Executivo central a excepción do apartado relativo á vacinación. A Xunta sempre defendeu que a redacción da súa lei non implicaba facela «obrigatoria», pero o Goberno tiña dúbidas sobre a constitucionalidade dese punto.