O Goberno rexeita retirar o decreto enerxético


A ministra de Transición Ecolóxica e vicepresidenta terceira, Teresa Ribera, defendeu o plan de aforro enerxético do Goberno e rexeitou retiralo, como esixiu o PP. “O decreto é o que é, non hai modificacións pese ao ruído e as mentiras”, sinalou tras unha reunión telemática cos conselleiros dos sectores afectados das comunidades. Tamén se negou a aprazalo, como pedira Cataluña, e recalcou que entrará en vigor este mércores. A Comunidad de Madrid, Andalucía, Castela e León, Galicia e Murcia, gobernadas polos ‘populares’, pediran retirar o plan de aforro ao considerar que se trata dun decreto improvisado e non acordado coas autonomías. Esta retirada “non é a intención do Goberno”, segundo afirmou Ribera.