O Goberno sobe as pensións un 0,9% para este ano


  • A subida de Salario Mínimo Interprofesional foi aprazada

O novo goberno o coalición de Pedro Sánchez estreouse no seu primeiro Consello de Ministros coa revalorización das pensións do 0,9 % para este 2020 que se aplicará de forma retroactiva desde o 1 de xaneiro. Con todo, o aumento do Salario Mínimo Interprofesional foi aprazado.

«Acabamos de empezar, imos paso a paso», xustificouse o presidente do Goberno durante a rolda de prensa que ofreceu no Palacio da Moncloa tras a primeira reunión do seu Executivo. O presidente insistiu en que desde o goberno impulsarán o diálogo social e que «os empresarios e os representantes dos sindicatos tamén teñen que opinar», insistiu.

Sánchez tamén destacou o compromiso do Goberno de coalición para que o salario mínimo alcance o 60 % do salario medio ao final da lexislatura «é firme».