O Goberno sobe o Salario Mínimo Interprofesional un 8%, ata os 1.080 euros

O Consello de Ministros elevou a contía do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) ata os 1.080 euros brutos mensuais en 14 pagas (15.120 euros brutos anuais). Con esta subida, acordada cos sindicatos CCOO e UXT, aumenta un 8% e acumula un incremento do 47% nos últimos cinco anos. A subida ten efectos retroactivos, desde o 1 de xaneiro de 2023. A ministra de Política Territorial e voceira do Gobierno, Isabel Rodríguez, lembrou que esta decisión foi anunciada polo presidente do Gobierno, Pedro Sánchez, no Senado e responde o seu programa de investidura. Desde que Sánchez goberna, o salario mínimo incrementouse en 345 euros ao mes.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha