O Goberno suspende os prazos para pasar a ITV

Cedida.

O Goberno suspendeu os prazos interpostos pola Administración para efectuar a Inspección Técnica de Vehículos (ITV) durante o tempo que se prolongue o estado de alarma decretado desde este domingo para combater a propagación do coronavirus polo país. Así llo fixo saber o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo á Asociación Española de Entidades Colaboradoras coa Administración na Inspección Técnica de Vehículo ( Aeca-ITV), tras solicitar esta suspensión co fin de evitar un maior número de casos positivos. Por tanto, durante este período de estado de alarma, que se estende inicialmente durante 15 días, a obrigación de pasar inspeccións técnicas prescritas na regulamentación queda suspendida, de forma excepcional.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha