As concesionarias fixeron as súas contas en base ao IPC, que deron como resultado a segunda maior suba da historia nas autoestradas. Agora correspóndelle ao Ministerio de Transportes publicar no BOE unha resolución coa revisión das tarifas antes de que remate o ano.
Se o Goberno central non toma medidas a partir do 1 de xaneiro, pagaremos un 8,4 por cento máis nas peaxes das autoestradas, que no caso da AP-9 en Galicia será un 9,4 por cento polas obras da ponte de Rande.
Xunto aos empresarios os 22.400 usuarios que circulan a diario pola AP-9 agardan que o Goberno poña en marcha algún mecanismo para minimizar o impacto sobre os condutores.
No caso de que o Goberno central non aplique a suba, as concesionarias piden ao ministerio que os compense economicamente a exercicio vencido en función dos tráficos.