O Goberno traballa na suba das pensións non contributivas

PIXABAY

O ministro da Seguridade Social, José Luis Escrivá, confirmou que o Goberno traballa na suba das pensións non contributivas nun 15%. Sería unha revalorización temporal que irá no decreto que prorroga as medidas para facerlle fronte á crise derivada da guerra, unha medida que podería beneficiar a unhas 450 mil persoas. O acordo contempla que esta subida se inclúa no próximo decreto lei, e con esta cesión, o Goberno asegúrase a abstención de EH Bildu no planteado. As persoas con dereito ás pensións non contributivas beneficiaríanse deste importe extra sen carácter retroactivo.