O Goberno ultima o alcance dos indultos, que prevé aprobar este martes

O Goberno ultima o Real Decreto que concederá o indulto aos líderes independentistas do ‘procés’, que salvo sorpresas aprobará este martes no Consello de Ministros, confirmaron fontes do Goberno. A vicepresidenta primeira, Carmen Calvo, o ministro de Xustiza, Juan Carlos Campo, e o secretario de Estado de Presidencia, Félix Bolaños, reuníronse para ultimar o documento, e agora faio a Comisión Xeral de Subsecretarios, unha cita extraordinaria que trata os indultos a véspera de que leven ao Consello de Ministros. Segundo indican, «Ata o último minuto séguese traballando en expedientes personalizados». Unha vez se publiquen no BOE e se coñeza que alcance teñen os indultos -se recae só sobre a sedición ou a malversación-, o alto tribunal terá que recalcular a pena e efectuar, se corresponde, o auto de excarceramento.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha