Os datos da evolución desfavorable da pandemia en Euscadi levaron ao lehendakari íñigo Urkullu a convocar con caracter de urxencia o comité asesor do coronavirus, que estaba prevista para o venres que vén. A Consellería de Saúde notificou 841 contaxios nas ultimas horas, 13 máis que o día anterior. Realizáronse case 11.000 probas PCR, cunha porcentaxe de positivos do 7,9 por cento, moi por riba do 5 por cento, en que se consdiera que a COVID-.19 está baixo control. O goberno vasco decidiu endurecer as restricións pero sen confinamentos xeralizados. Gotzone Sagaduy, Conselleira de Saúde, afirmou que «As agrupacións máximas se reducen a un máximo de 10 a seis persoas, os aforos ao 50 por cento de todos ambitos, hostalería, eventos culuturais, relixiosos, mesmo no uso de ascensores e cabinas» Tamén se estabelcen límites na asistencia a eventos, 400 en interior e 600 en en exteriores. Adiántase unha hora o peche de bares e locais nocturnos. O goberno vasco resforzará a vixilancia e o rastrexo do virus contratando 45 persoas. Estas restricións terá que ratificalas o Tribunal Superior do País Vasco.
43