Desde Moncloa consideran que a petición de amnistía é unha «posición de máximos», tamén ven un cambio no discurso do líder catalán e cren que «o Puigdemont de hoxe non é o de hai meses». Ademais consideran que rebaixou o ton, deixando atrás expresións como a do «estado represor e fascista». Aseguran que «todo o que se negocie», se o rei Felipe VI propón a Sánchez para unha posible investidura, farase en base a tres conceptos: «transparencia, democracia e coherencia», como «con todo o feito ata o de agora». Esto chega horas despois de que o líder de Junts puxese este martes sobre a mesa as súas condicións para iniciar un proceso de negociación, e pasan por unha lei de amnistía e o recoñecemento da «lexitimidade democrática» do independentismo. Ademais, Puigdemont dixo que non renuncia á unilateralidade e advertiu tanto a Alberto Núñez Feijóo (PP) como a Pedro Sánchez (PSOE): «Ou eleccións ou pacto connosco», concluíu.