O Goberno ve ‘unha vergoña’ o acordo do PP cun condenado por violencia machista

A ministra voceira, Isabel Rodríguez, criticou este martes o acordo de Goberno de coalición alcanzado polo PP da Comunidade Valenciana con Vox, que recolocou ao seu líder, Carlos Flores, condenado por violencia machista, como número 1 á lista de Vox en Valencia ao Congreso o próximo 23 de xullo ante a «liña vermella» do PP para negociar con el dada a súa condena. Desde o Goberno, acusan ao PP de usar e branquear a violencia de xénero como moeda de cambio e de querer chegar ás institucións a calquera prezo. No Goberno cren que esto pódelle pasar a factura ao partido de Feijóo porque o consideran un tema moi grave.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha