O Goberno xustifica a ausencia de Filipe VI en Barcelona

Juan Carlos Campo, ministro de Xustiza, dicía que «hai momentos en que hai que sacrificar algo a prol de algo máis seguro. Creo que na mente de todos están toda unha serie de circunstancias e variables que poderían cuestionar cousas. Creo que a maior obriga que ten o Goberno é protexer as institucións e sen dúbida a monarquía éo». Xuíces para a Democracia non cre tan importante que o rei non acuda, pero bota en falla máis transparencia. A cúpula do Consello Xeral do Poder Xudicial acordou que o seu presidente, Carlos Lesmes, introduza unha referencia ao monarca no seu discurso no acto. A título individual, seis vogais do órgano de poder dos xuíces lamentaron ausencia do rei nun comunicado en que reafirmaron a súa admiración e respecto pola súa figura.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha