O Goldie Xiria Carballo Turismo “aperta” ao líder ata os instantes finais (36-29)

0 minutes read

Encontro correspondente a 10ª xornada da 1ª autonómica feminina disputado no pavillón Municipal da Cañiza cun centenar de siareiros nas bancadas. O Goldie Xiria Carballo Turismo enfrontouse ao líder invicto, Saeplast Cañiza, un conxunto formado co obxectivo do ascenso e que esta tempada conta nas súas filas con xogadoras con experiencia en categoría superior. Precisamente, as carballesas afrontaban este encontro como unha oportunidade única de examinarse ante un equipo de tal entidade e enfrontar o seu saber facer ao talento das xogadoras do Saeplast Cañiza.