O Gordo de Nadal, o 05.490, vendido en varias localidades de Galicia


Un premio Gordo moi repartido acórdase de Galicia: o 5.490 reparte 400.000 euros ao décimo en Vigo, Porriño, Poio, Noia, A Coruña e A Fonsagrada. Concretamente na cidade herculina caeron nin máis nin menos que 180 millóns de euros. Outro tanto se repartiu na localidade lucense.

Non só tocou o Gordo en Galicia, un cuarto premio no número 25.296, foi premiado con 20.000 ao décimo. Este premio está dotado con 20.000 euros á serie. Este tamén é un premio moi repartido que tamén tocou en varios concellos de Galicia, en Ourense, Xinzo de Limia, Vigo, Bueu e a Illa de Arousa.

O quinto premio para o 88.509 deixaba tamén este xoves os primeiros miles de euros en Galicia. O número, agraciado con 6.000 euros ao décimo vendeuse en Vigo e na Illa de Arousa. O último quinto premio foi para o 87.092, agraciado tamén con 6.000 euros ao décimo, está moi repartido por varias provincias, tamén en Galicia, en concreto en concellos como Santiago, Vigo ou Xinzo de Limia.