O Gordo do Nadal, moi repartido por España, non tocou en Galicia

O número 26590 resultou agraciado co primeiro premio do Sorteo Extraordinario do Nadal, con 4 millóns de euros á serie. Galicia non resultou agraciada. Está repartido en numerosas cidades, entroutras Madrid, Salou, Salamanca, e en Alacante en San Vicente do Raspeig, Alcoi e Moraira.

Salou foi a localidade máis agraciada neste sorteo de Nadal. Alí vendéronse 90 series do Gordo. Cada serie está premiada con 4 millóns de euros, así que nesta cidade de Tarragona «choveron» 360 millóns de euros.

Salamanca é a segunda cidade máis tocada polo Gordo. Neste caso, repartíronse 25 series, é dicir, 100 millóns de euros.

Parte do segundo, do terceiro e dun quinto premio consolan Galicia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha