O Govern confina a máis de 200.000 persoas en Lleida polos rebrotes de coronavirus

0 minutes read

O presidente da Generalitat, Quim Torra, comunicou nunha rolda de prensa que a partir deste sábado máis de 200.000 personas da comarca do Segrià, en Lleida, quedarán confinadas debido aos rebrotes pola Covid-19, que na última semana ascenderon a 365 positivos máis.

A restrición de entrada e saída da comarca entra en vigor ás 16:00 horas do día de hoxe, 4 de xullo de 2020, salvo por «causas de forza maior» e laborais, como o comercio ou o transporte.