O grafeno multiplica por 10 a capacidade dos discos duros


É posible que no interior do teu PC teñas un disco duro de 3 ou 5 TB. Que che parecería convertelo nun disco de 50 TB, sen aumentar significativamente o prezo?. Iso é o que pretende a Universidade de Cambridge. Xunto con varios equipos internacionais da India, Suíza, e Singapur, crearon un disco duro baseado no grafeno, con 10 veces máis capacidade.

O grafeno, ese material milagroso con todo tipo de propiedades máxicas: é fino como un átomo pero resistente como o aceiro, condutor, transparente, se autorepara, e moitas características máis. Iso faio o candidato ideal para substituír a un compoñente vital nos discos duros. O que fixo a universidade de Cambridge é substituír as capas de protección de carbono dos pratos por capas de grafeno, moito máis finas. Non só superaron todas as probas de dureza, senón que son ata tres veces máis eficientes coa corrosión.

Outra vantaxe do grafeno é que tamén soporta temperaturas máis altas, así que puideron utilizar a nova tecnoloxía HAMR, que permite aumentar a densidade dos discos duros gravando os datos na capa magnética a unha temperatura máis alta. O resultado é un disco duro de grafeno con 10 veces máis capacidade, 10 TB por polgada cadrada, sen diminuír o rendemento ou a durabilidade, e sen aumentar significativamente o prezo.