A proxección do documental “O Gran Camiño” chegou ao cine Babylon de Berlín, grazas a colaboración coa Academia Galega do Audiovisual e a asociación cultural galega De Berlín Son.
Máis dun centenar de persoas asistiron a esta estrea que tamén se realizou, de xeito simultáneo, noutros sete centros galegos do exterior: o Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol de Bos Aires, o Centro Gallego de Montevideo, a Hermandad Gallega de Venezuela, o Instituto Cañada Blanch-Centro Galego de Londres, o Centro Gallego de Madrid, o Lar Gallego de Sevilla e o Centro Gallego de Tarragona.
Este ciclo conta cunha periodicidade mensual, exceptuando os meses de xullo e agosto. Visualizaranse así, dende marzo a decembro, os oito filmes finalistas nas categorías, tanto de mellor longametraxe como de mellor documental, nos premios Mestre Mateo. Esta iniciativa permitirá ofrecer aos cidadáns dos seis países onde se van a exhibir, de marzo a decembro, os oito filmes finalistas destes premios nas categorías, tanto de mellor longametraxe como de mellor documental.
34