O Gran Fondo Ézaro encheu 151 Km de cor

1 minutes read
  • O roteiro ciclista transcorreu polas estradas de Cee, Muxía, Vimianzo, Carnota, Muros, Mazaricos e Dumbría, onde tivo lugar a escalada ao gran Muro.

Un pelotón de case mil ciclistas brindou este domingo cor ás estradas da Costa da Morte e acabou enfrontándose ao Muro. Todos gañaron, o deporte, Galicia e Samuel Blanco. Ao seu esixente percorrido, con final no mítico ‘muro’ do Miradoiro de Ézaro, súmanse a contorna, os valores que promove a organización e o nome que, cos éxitos cultivados , gañouse a cita, atraendo a deportistas de toda España e de fóra das nosas fronteiras e a grandes nomes deste deporte. No corte de cinta protocolario, con todos os alcaldes e os patrocinadores do evento, participou Blas García, deputado de Promoción Económica da Deputación da Coruña, institución comprometida de forma especial coa proba. Entregouse unha placa de agradecemento á Garda Civil. O gran vencedor desta edición foi Samuel Blanco, de Redondela, que tardou pouco máis de 4 horas e 19 minutos en percorrer os 151 quilómetros da proba. Ismael Campos foi o encargado de pechar o pelotón.