O Gran Fondo Ézaro puxo a proba a 667 corredores

1 minutes read

Esta edición de 2023 presentaba dúas grandes novidades: un novo percorrido e unha distancia única para todos os participantes. 107 quilómetros con constantes tobogáns, descensos vertixinosos e ascensións esixentes. Ademais, un punto de cronometraxe ao comezo do Muro do Ézaro permitía que a gran maioría dos participantes puidesen deixar rexistrado o seu paso pola proba. Unha urxencia familiar impedía a presenza do campión do mundo en 2018, Alejandro Valverde, “O Bala”.Nesta ocasión Samuel Sánchez proclamábase vencedor da proba nun tempo de tres horas, 18 minutos e 27 segundos. Na categoría feminina as tres primeiras foron Ana Portela, Ana García e Maria del Carmen Lorenzo.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?