Esta edición de 2023 presentaba dúas grandes novidades: un novo percorrido e unha distancia única para todos os participantes. 107 quilómetros con constantes tobogáns, descensos vertixinosos e ascensións esixentes. Ademais, un punto de cronometraxe ao comezo do Muro do Ézaro permitía que a gran maioría dos participantes puidesen deixar rexistrado o seu paso pola proba. Unha urxencia familiar impedía a presenza do campión do mundo en 2018, Alejandro Valverde, «O Bala».Nesta ocasión Samuel Sánchez proclamábase vencedor da proba nun tempo de tres horas, 18 minutos e 27 segundos. Na categoría feminina as tres primeiras foron Ana Portela, Ana García e Maria del Carmen Lorenzo.