O Gran Fondo Ézaro segue a sumar apoios

1 minutes read

José Manuel Pequeño, alcalde de Dumbría, e Carlos González Patiño, Delegado rexional Noroeste (Galicia e Asturias) de Red Eléctrica S.A.U., asinaron un convenio de colaboración para a promoción do Gran Fondo Ézaro Fin do Camiño. O día 10 de xullo celebrarase a 8ª edición desta proba, coa que Red Eléctrica vén colaborando desde o seu nacemento. O alcalde fíxolle entrega a González Patiño dunha réplica da Pedra Cabalgada do Brazal, escultura que foi empregada por primeira vez en 2012 como trofeo de La Vuelta, que tivera como final de etapa o miradoiro do Ézaro. Tamén lle entregou un exemplar do libro “Monte Pindo. Historias e lendas do Olimpo Celta, obra da ilustradora Laura Suárez. Pequeño quixo recoñecer a boa relación institucional existente con Red Eléctrica, con quen xa asinara o pasado ano un convenio para a renovación dos proxectores da iluminación ornamental do acceso á Fervenza do Ézaro, con alumeado de eficiencia enerxética, e a doazón de ordenadores portátiles que esta empresa fixo ás aulas de informática municipais.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?