O gromo de covid de Vimianzo segue aumentando

0 minutes read

O gromo de coronavirus detectado este xoves no concello de Vimianzo contaxiou polo menos a sete persoas, das que cinco están vinculadas a unha empresa cárnica, segundo informa o Sergas. Este gromo sumou nas últimas horas dous novos positivos, ata situarse nun total de sete, e posiblemente suba. Todos os infectados están illados nos seus domicilios. Dada a posibilidade de novos contaxios, o Sergas indica que está a ampliar as análises entre os contactos dos afectados, para tentar limitar o risco de novas infeccións, e adoptando medidas preventivas para evitar a propagación da epidemia.