42
Tras o éxito de 2018, repite este ano de novo. A árbore de Nadal, feita con cunchas de centolas inaugurouse este martes e servirá como broche de ouro ás XVII Xornadas Gastronómicas da Centola do Grove.
As cunchas que o visten veñen das «centoladas» xa gozadas por propios e visitantes durante o evento. Está organizada por Emgrobes coa colaboración das confrarías de pescadores e do Centolo Larpeiro, así como do Concello do Grove. Queren resaltar «a raíña do marisco», a súa tan prezada centola.