Este mércores tivo lugar en Santiago de Compostela a entrega dos VII Premios Galicia Alimentación, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aseverou que, pola súa banda, o Goberno galego seguirá comprometido en impulsar medidas estruturais como a Lei de Recuperación da terra agraria -que recolle figuras como os polígonos agroforestais, as aldeas modelo e as agrupacións de xestión conxunta- ou a futura Lei da Calidade Alimentaria, que potenciará toda a cadea, favorecendo as denominacións de orixe e actualizando o marco de control e sancións para adaptalo ás prácticas desleais e ao comercio en liña.
Ao longo da súa intervención, o presidente da Xunta felicitou aos premiados pola súa aposta pola diversificación e o valor engadido, entre os que se atopa ao Grupo Calvo, ao que tiveron principalmente en conta polo seu novo envase «Envorca fácil», baseado na tecnoloxía Real Peel e que supuxo un importante investimento e desenvolvemento tecnolóxico por parte da empresa carballesa. Neste eido da innovación tamén destacou o Grupo Pescanova; á Asociación de criadores de Raza Porcino Celta (Asoporcel); a 3D Essence Food, por aproveitar os excedentes da produción e convertelos en alimentos de alto valor nutricional; e ao grupo Gadisa Retail e o grupo Leche Río polas súas traxectorias.