O grupo CardioCHUS consolídase como líder nacional na investigación cardiovascular

1 minutes read

O grupo de investigación cardiovascular do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CardioCHUS) e do IDIS, logrou por segundo ano consecutivo o primeiro posto entre os 40 grupos de maior relevancia en investigación cardiovascular en España. O grupo está liderado polo Dr. José Ramón González Juanatey, xefe de Servizo de Cardioloxía e UCC e Catedrático de Cardioloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Ademais, o equipo de CardioCHUS é un referente no desenvolvemento de ensaios clínicos desde as súas fases iniciais e coordina estudos de investigación nacionais e internacionais. Vinculada á excelencia no seu labor asistencial, pero tamén investigadora no IDIS, o Servizo de Cardioloxía e UCC do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela foi recoñecido en varias ocasións co Premio BIC ao mellor Servizo por calidade asistencial na atención a pacientes con enfermidades do corazón.