Grupo de 70 a 79 anos, destino das primeiras vacinas unidose de Janssen


España ten previsto destinar as súas primeiras vacinas monodose de Janssen contra a covid-19 a acelerar a inmunización do grupo de idade comprendido entre os 70 e os 79 anos. Anunciouno a ministra de Sanidade no aeroporto de Gran Canaria, tras a chegada á terminal das 43.000 unidades de Pfizer-BioNTech que lle corresponden ás illas na remesa desta semana (de 1,2 millóns). Carolina Darias explicou que o millón de novas doses de Pfizer se vai dedicar, na súa maior parte, a acelerar o proceso de vacinación do grupo de maiores de 80 anos coa segunda dose da pauta. Arestora, o 90 por cento da poboación neste treito de idade xa recibiu a primeira.