O Grupo Lemaco A acada a segunda posición ao perder na final ante Culleredo


FINAL:  Balonmán Culleredo 33 –  Grupo Lemaco Xiria A 30  – (15-14)

Na gran Final quedaba unha praza para a Final Four dos catro mellores conxuntos de Galicia, o Culleredo partía como gran favorito por traxectoria destes derradeiros anos, por físico e envergadura e tamén pola baixa de Angel Viña no Xiria , principal referente no lanzamento a distancia no seu equipo. Pese a eses factores os xogadores do Grupo Lemaco fixeron o seu mellor partido da tempada e puxeron en dificultades a vitoria do seu rival.

O Balonmán Culleredo con ataque rápidos viu como a defensa aberta do Xiria era capaz de impedir o seu xogo directo a portería, conseguindo recuperar o balón e provocando lanzamentos precipitados, pero unha defensa destas características ademais de arriscada, pois deixa moitos ocos, ten que ter moita “gasolina” nas pernas para os 60 minutos, a pesares de lo estivo no partido ata o final poñendo ímpetu e sobre todo corazón no partido.

No ataque o Xiria tiña ante si, si non a que máis, unha das defensas de maior físico e envergadura da categoría, polo que tiña que entrelazar xogadas longas e con paciencia romper o muro do rival, algo que foi conseguindo con combinacións entre liñas e con moita paciencia no ataque, sen arriscar o balón en excesivo e suplindo ese lanzamento exterior con imaxinación e bo balonmán. Máis das veces os carballeses xogaron ao borde do pasivo, con ataque excesivamente longos, o que poñía dos nervios aos seus rivais que agardaban sabedores das poucas posibilidades de lanzamento exterior.

Foron transcorrendo os minutos e os Xiria non perdía distancia no marcador, vendo como a posibilidade de vitoria estaba presente, arriscou cunha maior presión en defensa, pero as forzas eran xustas e o desgaste notorio en algúns xogadores que o día anterior tiveran un partido excesivamente intenso contra o Oar, ao final o Culleredo moito máis enteiro fisicamente fíxose co partido e coa praza en xogo.

O Grupo Lemaco B acaba invicto tras impoñerse ao Lucus

Balonmán Lucus 26  – Grupo Lemaco Xiria B 42 (9-17)

Remataba a primeira fase da Liga Prata  o equipo carballés gañando todos seus partidos, agora deberá medirse como primeiro de grupo ante o cuarto clasificado do grupo sur, o Balonmán Cisne B nos Cuartos de Final a dobre partido por unha praza na Final Four da División Prata.

Partido doado para o Grupo Lemaco a pesares das baixas dalgúns dos xogadores importantes, inicio igualado pola maior envergadura do Lucus, pero o orde defensivo e a circulación do balón en ataque foron marcando diferencias importantes no marcador xa ao descanso.

A segunda metade por momentos o lanzamento exterior dos locais poñía en apertos ao Xiria, pero a maior fluidez no ataque do Grupo Lemaco facía que a renda final quedase nun 26 a 42.