En Liga, cuarta xornada e cuarta vitoria para o Grupo Lemaco que segue con paso firme na disputa da Liga Ouro. Desta vez, achegouse a Carballo un Balonmán Culleredo reforzado con algúns ex-xogadores do Balonmán Atlántico e que mellorou en potencial e plantilla. Nun comezo de partido igualado chegouse ao descanso con superioridade do Xiria 16 a 11. Quixo pechar o encontro o Grupo Lemaco no arranque na segunda metade e caeu na precipitación, dando posibilidade de igualar ao Culleredo, pero novamente inciso na defensa e acertado no ataque o equipo carballés acadou a súa cuarta vitoria, 31-25.
Por si fose pouco, o Grupo Lemaco Xiria «A» acadou tamén este domingo o pase as semifinais da Copa Galicia logo de eliminar en cuartos ao Reconquista de Vigo, por 35 a 34.
