O Grupo Lemaco A cae en Cangas diante do Luceros

Cedida.

Pizzería Baratto Luceros 37 – Grupo Lemaco Xiria A 30 (19-15)

Primeira derrota da tempada para o Grupo Lemaco A no Pavillón de O Gatañal ante o Luceros.

Saíu ben asentado o Xiria en defensa coñecedor do potencial do equipo que tiña diante, foi lendo ben o partido e conseguindo dominar nos primeiros 20 minutos, a partir de aí e tras unhas protestas do adestrador local, cambiou o rumbo do encontro con demasiadas decisións arbitrais desiquilibrantes en contra do Grupo Lemaco que provocaron os nervios e precipitación nos xogadores carballeses, o partido entrou nunha espiral negativa para o equipo que non foi capaz de recompoñerse.

A volta de vestiarios o Xiria aumentou a presión sobre a circulación de balón rival pero estivo moi desacertado no xogo de ataque e sobre todo de cara a gol, o Luceros íase no marcador e levouse o partido e os dous puntos en xogo.

Pizzería Baratto Luceros  37 (19): Miguel Peixoto, Eloy Pérez 4, Gabriel Miranda 1, Mauro Sotelo 2, Gael Pais, Borja Fernández 1, Héctor da Cunha 5, Lucas Jiménez 11, Alexandre Dovhanyk 1, Antonio Rodal, Eloy Domínguez 12 e Adrián Chapela.

Grupo Lemaco Xiria A 30 (15): Antón Pardiñas (porteiro), Xurxo Fraga 2, Marcos Amarelle 3, Manu Rey 3, Hugo García, Angel Villar 1, Miguel Cambón, Manu Pérez 2, Pablo Veiga 7, Pablo Suárez, Daniel Bello 6, Erik Vázquez 6 e Chema Negreira.