O Grupo Lemaco A consegue gañar á Sar de Redondela

1 minutes read

Grupo Lemaco Xiria A 26 – Sar Redondela 24 (13-11)

Non foi un partido fácil para o Grupo Lemaco, os xogadores da Sar de Redondela puxeron as cousas difíciles dende o primeiro minuto e complicaron a vitoria dun Xiria que saíu cunha marcha menos do esperado á cancha.

A palabra relaxación non existe nas xornadas da Liga Ouro e os carballeses tiveron que empregarse a fondo ante un equipo que non cedeu nos 60 minutos. Non estivo intenso na defensa o Xiria e foi aproveitado polos redondeláns que conseguían boas posicións de lanzamento ao superar o sistema defensivo 5:1, abría diferenza no marcador o equipo local pero a apatía no ataque facía que a Sar non se desenganchase do partido.

Nos minutos finais o Grupo Lemaco tivo que apertar o acelerador para facerse cun importante triunfo que lle permíte seguir aspirando ao máis alto da clasificación.