Balonmán Porriño 28 – Grupo Lemaco Xiria A 40 (13-20)
O equipo carballés viaxou a Porriño con varias baixas polo que tivo que tirar dos xogadores do equipo de primeiro ano cadete para afrontar o choque.
Moito xogo de desdobramento do equipo local que creou varios desaxustes na defensa do Xiria, co paso das accións foron corrixindo e atopando balóns para correr a contra e ir distanciando ao seu rival no marcador, no ataque o Grupo Lemaco resolvía conseguindo gol con facilidade.
A segunda metade transcorreu do mesmo xeito, o Porriño cun xogo espeso e lento buscando sempre aos seus pivotes para que se revolvesen cos defensores contrarios e o Xiria aproveitando para imprimir velocidade nos ataques.
Dous puntos máis para seguir medrando na clasificación, a vindeira semana visitará Carballo o Balonmán Atlántico.