O Grupo Lemaco «A» segue a sumar diante da Sar

1 minutes read

Sar Redondela 21 – Grupo Lemaco Xiria A 29 (7-15)

Sempre é difícil xogar nunha cancha como a Bombonera, pavillón de Redondela, e non foi menos desta vez. O Grupo Lemaco apenas atopou sensacións e sobre todo seguridade na súa defensa, deixou que o rival continuase no encontro a pesar de dominar no descanso de 8 goles.

No inicio do partido o Xiria sufría a baixa de Erik que se sumaba a de Dani Bello, polo que os recambios no centro da defensa estiveron baixo mínimos, algo que se notou nos segundos 30 minutos. Pero o equipo carballés foi capaz de materializar as oportunidades de ataque e mentres durou a estabilidade defensiva foi definindo o marcador.

Na segunda metade a Sar de Redondela atopaba con facilidade ao seu pivote e a pesar dun xogo embarullado e ao límite do regulamento ía conseguindo gol, pero a superioridade do Grupo Lemaco no seu ataque posicional achegaba o marcador a unha cifra imposible para os locais, 21 a 29 goles.