O Grupo Lemaco “A” Subcampión da Copa Galicia


O Grupo Lemaco disputaba esta fin de semana as semifinais da Copa Galicia en categoría Cadete Masculino, chegaban xunto co Xiria a esta fase final o Lalín, Carballal e Cisne. O Grupo Lemaco derrotaba ao Lalín na súa casa e plantábase na final diante do Cisne pontevedrés que facía o mesmo co Carballal de Vigo. Na final un Cisne moi superior gañáballe ao Xiria facéndose co título de Campión de Copa Galicia.