O Grupo Lemaco ‘A’ suma diante do Reconquista

16ª Xornada da Liga Ouro Cadete Masculino. Grupo Lemaco Xiria A 51 – Iberconsa Reconquista Vigo 35 (28-14).

Nun partido sen complicacións o Xiria sumaba dous novos puntos diante do reconquista vigués o que o mantén segundo na clasificación en espera do partido clave, a visita a domicilio ao Cisne pontevedrés.

Tras uns intercambios de goles iniciais, o Grupo Lemaco asentou a defensa e foi capaz de transformar cada ataque en gol o que permitía situarse no marcador con folgura suficiente para afrontar o resto do choque con garantías.

Máis cómodos no 5:1 defensivo, que afogaba a circulación do balón ao rival, creando dúbidas que acababan co balón en poder do Xiria para poder contra golpear.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha