O Grupo Lemaco B cede ante o Oar no derradeiro segundo


Grupo Lemaco Xiria B 32 – Oar Ciudad 33 (17-15)

Contaba por vitorias o Grupo Lemaco todos os seus partidos da Liga Prata cadete masculino, pero cedeu no derradeiro segundo diante dun intenso Oar Coruña. Dominou na gran parte do encontro o Xiria, pero non estivo atinado no lanzamento a portería errando e desperdiciando moitas opcións de gol. Tampouco a defensa chegou a cerrar os ocos por onde os coruñeses anotaban con facilidade e chegouse a un igualado final onde o Grupo Lemaco o intentou pero viu como o balón se colaba na súa portería no derradeiro suspiro.