Grupo Lemaco Xiria B 37 – Balonmán Abegondo 29 (20-18)
Chegaban a esta 6ª xornada da División de Prata invictos os dous equipos, polo que o encontro cobraba especial importancia pola loita do primeiro posto.
Moitos nervios no inicio nos locais onde o Abegondo aproveitou para marcar diferenzas con goles a contra e superando a unha fráxil defensa. Superados eses minutos o Grupo Lemaco re axustou pares e con maior intensidade foi detendo os ataques do rival, de cara a gol ía elaborando adecuadamente e atopando a portería contraria meténdose na loita pola vitoria e marcando un 20 a 18 ao descanso.
Propuxo na segunda metade o Abegondo unha defensa mixta e o Xiria foi quen de resolver e atopar os espazos adecuados, movendo o balón con criterio para chegar facilmente diante do porteiro. Arroupou ben na defensa aos seus porteiros para dese xeito completar a faena e irse no marcador coa diferenza suficiente para rematar o partido comodamente, 37 a 29.
