O Grupo Lemaco comeza o ano gañando ao Reconquista


Grupo Lemaco Xiria A 46 – Reconquista de Vigo 35 (22-13)

Logo do parón do nadal de máis de un mes, volvía a competición para o Grupo Lemaco. Coa incógnita da volta visitaba Carballo o Reconquista vigués que puxera as cousas difíciles nos cuartos de Copa, pero a pesar dalgunhas baixas o equipo fíxose facilmente cos dous puntos en xogo.

Saíu moi centrado en defensa, coñecedor das variantes do ataque rival e coa intensidade necesaria para poñerse cunha vantaxe inicial que foi dosificando e garantindo unha confianza ao xogar o encontro. Conseguía gol con facilidade o Xiria especialmente cos seus extremos que estiveron acertadísimos e sen apenas erros de lanzamento.

Tras o descanso e co equipo mermado polas lesións de Dani e Erik, algo que notou sobre todo en defensa o Grupo Lemaco, pois engadíronse a baixa do seu central Marcos Amarelle, o equipo dedicouse a imprimir ritmo alto nos ataques o que fixo disparar o resultado a ese 46 a 35 final.