Grupo Lemaco Xiria A 43 – Balonmán Atlántico 31 (21-16)
Pese a non facer un gran partido, e contar con numerosas baixas, o Xiria soubo levar o ritmo do partido a onde lle conviña para marcar diferenzas co rival, velocidade na accións e presión na circulación de balón do ataque do rival.
Gustou o Balonmán Atlántico en Carballo que volvía a meterse unha e outra vez na loita polo partido e tan só perdeu intensidade nos derradeiros 15 minutos do encontro.
O Grupo Lemaco probou variantes defensivas e dou minutos e responsabilidade aos xogadores do equipo B para que vaian aportando cara outros compromisos onde o equipo loitará por seguir nos postos de arriba da clasificación.
Na vindeira cita o Xiria viaxará a Pontevedra para medirse a un dos favoritos, o Balonmán Cisne.