Telepizza Arteixo 29 – Grupo Lemaco Xiria B 30 (15-16)
Medíase nesta terceira xornada da Copa Sponsor o Grupo Lemaco B ao Arteixo, ao que rendía visita.
Partido igualado onde o empate foi o resultado que predominou o longo do encontro, si ben o Xiria sempre un paso por diante a pesares de que non conseguía distanciarse.
Máis versatilidade no ataque dos de Carballo que conseguían combinar para chegar a gol, pero tamén moi pouco intensos e con moitos fallos defensivos o que permitía ao rival permanecer no encontro.
Na segunda metade os de Arteixo optaron por unha defensa individual sobre Dani Periscal, o xogador con máis gol do Xiria, pero a marcaxe foi ben resolta polo Grupo Lemaco, nos derradeiros minutos os locais apremaron en pro da vitoria pero o Xiria soubo xogar as súas bazas e conseguir merecidamente os puntos en xogo.