O Grupo Lemaco Xiria dobrega ao Balonmán Lalín

1 minutes read

Grupo Lemaco Xiria A 33 – Upi Informática Lalín 27 (13-14)

O Grupo Lemaco foi de menos a máis no seu enfrontamento diante do Lalín e amosou que vai a estar loitando cos favoritos da competición.

Chegaba a Carballo un Balonmán Lalín invicto e con gañas de poñer distancia na clasificación. Saída moi forte dos do Deza que eran capaces de superar a defensa do Xiria que tiña demasiadas complicacións para marcar ao pivote e aos desdobrados lalinenses. A envergadura do Lalín tamén traía de cabeza aos xogadores locais que non vían por onde conseguir marcar con regularidade. Pouco a pouco o Grupo Lemaco foi contrarrestando o ataque do Lalín facéndose mías forte no centro da defensa e na faceta ofensiva lograba chegar con opcións boas de lanzamento.

Segunda metade onde o Xiria imprimiu unha marcha máis que o seu rival, apoiándose na efectividade do lanzamento exterior que obrigaba ao contrario a abrir a súa defensa, algo que ben aproveitaron os xogadores do Grupo Lemaco para incrementar o seu número de goles. Non baixou a intensidade defensiva e soubo ler o xogo de ataque dos seus rivales que foron perdendo forzas no tramo final do encontro cedendo por 33 a 27.